13 de setembro de 2012. Monte Coirego, 60 kms.

Por razóns de índole técnica nesta entrada non podemos achegar Track nin fotos propias. Así que roubamos algunhas fotos da rede, con permiso dos seus autores.

Feita esta aclaración decir que alcanzamos a cima do monte Coirego, o que xa facía tempo que non ascendiamos. Como se trata dunha etapa longa, ascendemos ás terras de Cotobade pola estrada de PonteBora a Carballedo, para coller na piscifactoría pola zona de Paraños e xa na pista que vai a Caroi, collemos o desvío que nos leva ó pe do monte.

Fixemos unha pequena parada na Carballeira de D. Elias, unha pequena arboleda con fonte e un refuxo de cazadores.

Despois deste pequeno descanso alonxámonos do ataque de tabáns seguindo o ascenso directo hacia o cume do monte, onde está instalada unha torreta de vixilancia, a unha altura próxima os 800 mts.

As vistas abránguen toda a zona central da provincia de Pontevedra, divisándose as tres rías, Vigo, Pontevedra, Ribeira, Montes do Seixo, e tódalas serras circundantes. O vento sopra con forza de norte así que iniciamos un rápido descenso.

Xa na zona da poza, descubrimos un par de pequenos árbores prantados e protexidos con unha malla, ateigada de ramos de flores e pequenos obxetos. Supoñemos que serán en homenaxe dalgúns falecidos, así que abandonamos o lugar intrigados.

O Observatorio Astronómico de Cotobade (OAC) é un observatorio situado no lugar do Campo da Poza (Carballedo, Cotobade). Foi inaugurado en agosto de 2011, e está dirixido por Ángel Valverde Pampillón.O proxecto naceu da colaboración entre a asociación cultural Canón de Pau e a asociación astronómica Sirio de Pontevedra, que xa levaban tempo organizando actividades nese lugar. Logo da vaga de incendios de 2006, a Comunidade de Montes de Carballedo decidiu cederlle os terreos á asociación Canón de Pau por 25 anos. A Consellería de Industria concedeu unha subvención de 150.000 € do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010, para a construción do edificio, deseñado polos arquitectos César e Magdalena Portela.
O observatorio está situado ao pé do monte Coirego, na aba oeste. Ten unha cúpula de 4 m e un telescopio Meade LX200 ACF de 40 cm de diámetro. Nel realízanse actividades didácticas de divulgación da astronomía, como obradoiros de manexos de telescopios, reloxos de sol e outros instrumentos astronómicos.

Seguimos o longo descenso polas pistas ata chegar ó monte Arcela, baixando resulta incómodos kilómetros de pista con pedras soltas, ata chegar á carretera que vai de Carballedo a San Xurxo. Seguimos pola coñecida pista ata Rascadería e dende aquí despois do pinchazo de rigor, seguimos pola estrada ata Pontevedra. Sinto non poñer máis fotos pero tiven unha avería no celular.

Anuncios

Un comentario en “13 de setembro de 2012. Monte Coirego, 60 kms.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s