La Vuelta 2012 por Terras de Pontevedra

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Estradas ateigadas de xente ó paso do pelotón da Vuelta polas terras de Pontevedra.

Tivemos ocasión de disfrutar de primeira mán deste acontecimento. O primeiro día achegámonos a Acuña, en Vilaboa, para ver o avituallamiento dos corredores, que pasaron ven a modiño para coller as bolsas. Moreas de persoas achegáronse para aplaudir o paso do pelotón, mesma había mozos con mochilas para recoller bidóns, vin que algún volvía para a casa cun feixe deles.

Na televisión pintou ven a nosa provincia, os comentaristas tamén nos deixaron quedar en bo lugar, as imáxes falaban por si mesmas. Xa na casa vimos o fin da etapa.

O día da contrareloxo foi o non vai máis. Apiñamonos na ladeira norte do monte Castrove, no Busto e en Vilar, percurando as rampas máis duras, porque os corredores voaron dende Cambados a Pontevedra. Un gustazo contemplar un a un esas grandes estrelas do firmamento ciclista nas estradas que nos mesmos usamos a miudo para rodar. Subimos ó Busto dende Samieira, ir na bici foi un acerto porque nos deixaron circular pola estrada sen ningún atranco, é unha estratexia da organización para acercar á carreira ó público.

Xente de tóda-las edades, mozos, parroquianos, entendidos en ciclismo, profanos, miles de teorías sobre recorrido, espacio, tempo e velocidade, comentarios sobre as bicis, os traxes, os cascos,… aplausos para todos, un pouquiño mais para Veloso, Valverde, Contador e Purito, eso si.

Familias enteiras comendo bocatas e botellas de albariño da casa, cervexas, chourizos, en fin, unha festa. Bandeiras de cores diversas, portugueses, holandeses, franceses, cada un animando ós seus e tamén ós alleos.

src=”https://terrasdepontevedra.files.wordpress.com/2012/08/foto-0077.jpg” alt=”” title=”Foto-0077″ width=”640″ height=”480″ class=”aligncenter size-full wp-image-1878″ />

Unha vez rematada a etapa, un grupiño de ciclistas fixemos a segunda parte da contrareloxo para ir á meta, mesmo nos daban ánimos dende os coches e as beirarúas, e aínda chegamos a tempo de ver a entrega de premios en Pontevedra.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s