22 de agosto de 2012. Regato de Perdecanai.

Ruta feita en solitario, en modo eco-explorer, isto é, economizando enerxías e investigando camiños, sin agobios.

Para iniciar, atravesei Pontevedra polo Camiño Xacobeo Portugués ata a Igrexa de Alba, normalmente pasamos por este lugar a toda pastilla, hoxe detívenme a facer unhas fotos, falei cun chaval que estaba a sellar as compostelanas e pregunteilla pola curiosa estatua sedente próxima á igrexa. A Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra instalou esta escultura que representa ó anterior cura párroco da parroquia de Alba, Juan López Souto (1973-2007) A escultura foi financiada por unha comisión de feligreses. Representa ó cura con roupa de rúa e alzacuellos, sentado no banco de pedra da casa reitoral, nunha actitude que habitualmente tiña (un cigarro na mán esquerda).

Copntinuei camiño ascendendo ata a estrada de Santiago para achegarme á parroquia de Cerponzóns. Un novo descenso levome ata unha nova ponte de formigón que cruza a vía férrea. Trátase dunha fea ponte de formigón de forma semicircular, sempre pensei que coa cantidade de cartos que se gastan en facer esas obras non estaría de máis que obligaran a revestilas ou cando menos pintalas.

De novo no camiño de Santiago vou adiantando a unha chea de peregrinos, todos desexan feliz camiño, é curioso o amables que podemos chegar a ser cando imos camiñando a Compostela. Chegando á Portela abandono o camiño para non estorbar ós camiñantes e ascendo de novo hacia a estrada xeral, cruzandoa para continuar investigando pistas pola ladeira do Monte Acibal, sempre con rumbo norte, con intención de manter a curva de nivel. A búsqueda foi bastante fructuosa, hai pistas en bo estado.

Desta maneira alcanzo un campo de fútbol é unha gran explanada preparada para autocross ou algo parecido. Vexo algúnha marca dunha ruta de sendeirismo. Continuando por uns bonitos camiños alcanzo a duras penas o meu obxetivo, o regato de Santa Susana. Alí aproveito para refrescarme un pouco, a calor empezaba a apretar e os tabáns non me deixaban en paz.

A continuación inicio o percorrido hacia o Pontillón, previo paso polo Campo da Eira, onde os cabalos rillan os pequenos brotes de herba e mitigan a súa sede na fonte.

Como ainda era cedo, explorei pistas e camiños polas parroquias de Verducido e Santo André de Xeve, atopando uns sorprendentes camiños empedrados.

Restos de cartuchos tirados en Cernadiñas Novas

PROXIMAMAENTE FOTOS

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s