8 de agosto de 2012. A Peneda. 45 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER EN WIKILOC

Revisitamos o monte da Peneda, nas inmediacións do Viso, entre Redondela e Soutomaior.

Para iniciar a nosa ruta, sen unha idea clara, tentamos explorar rutas alternativas pola ladeira do monte da Fracha, con escaso éxito, pois os camiños están ateigados de toxos, silvas e xestas. Por duas ocasións houbo que recuar, e máis por tesón que por convencimento acabamos saíndo da espesura para voltar á pista asfaltada despois dun bucle infructuoso.

Así foi como non quedou máis remedio que usar a pista principal da Ruta da Fabada ata as inmediacións de Cacheiro, onde rodeamos a capela para baixar cara a mina reconvertida en parque recreativo con lagoa e todo.

Atravesamos a perigosa estrada para ir pola praia de Arcade, onde contemplamos o curioso Cristo Redentor a semellanza do Corcovado brasileiro.

Seguimos máis ou menos Camiño de Santiago ata o Viso, onde despois dun rodeo ascendemos ó monte da Peneda, onde se domina unha vista ampla dos vales do Verduxo e Oitavén, así coma o Castelo de Soutomaior e a Ría de Vigo.

Atopamos no descenso unha curiosa pista que nos leva a Arcade, e dende alí pasamos a PonteSampaio onde se nos ocurreu estrana-lo tunel do AVE, sorprendentemente aberto ó paso e sen vigilancia. O pero foi ir prácticamente na oscuridade, o que nos causou unha caída nunha arqueta sen tapa, se pasades polo lugar ide pola acera da esquerda, nos estabamos advertidos pero non fixemos caso.

Unha vez en Figueirido abandoamos a vía ferroviaria para voltar á casa sen máis novidade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s