2 de agosto de 2012. A Lama- Pontevedra. Aldea perdida da Larpea. 51 kms.

Obxetivo cumplido de unir con unha ruta a localidade da Lama con Pontevedra, atravesando a serra da Castrelada e o Pé da Múa.

Para cumplir o noso propósito subimos á Lama directamente por estrada, se tedes máis tempo ca nos podedes facer o percorrido de ida e volta todo por pistas e camiños, usando esta mesma ruta ou outras que podedes atopar no noso blog.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Así pois achegámonos a Lama desviándonos das obras por Pazos de Caldelas, e dende Caritel poñemonos directamente la Lama pola nova estrada.

Onda o edificio do concello xiramos na Pedreira deixando a Capela do Sagrado Corazón á nosa dereita e a igrexa parroquial a nosa esquerda. Por Sucastro e a Ladeira chegámonos mesmo ás portas do Centro Penitenciario, onde varios internos traballan nos xardíns exteriores do complexo. Dende aquí empeza o camiño que nos leva ata a aldea escondida da Larpea, onde atopamos camiños de pedras con musgo e ruiñas de varias casas abandoadas, unha delas semi-restaurada, sempre á sombra dos carballos. Os que coñecedes Arufe en Loureiro-Cotobade teredes unha sensación parecida na Larpea, aínda que esta última está aínda máis aislada. Un pequeno regato completa a sensación de relax que fai deste lugar un paraiso de pedra, vellos horreos, sombra fresca das árbores e camiños cheos de beleza.

Abandoamos a aldea para dirixirnos á desembocadura do regato no río Verduxo, uns metros máis abaixo, onde nos atopamos cos coñecidos pasos da Fraga, xa visitados noutras ocasións pero que ven pagan a pena.

Iniciamos o ascenso pola remota aldea de Portasouto, para chegar mesmo á base do Coto Pequeno onde se atopa o mirador da Castrelada. Dende aquí iniciamos o descenso do Pé da Múa por unha das diversas opcións que nesta ocasión nos levan a Tourón, eso si, loitando con multitude de xestas que en varias ocasións forman auténticos túneles.

En Vilarchán o grúpo sepárase e os máis apurados de tempo usan a estrada, opción mellor parécenos seguir á Peralba polo monte, para continuar por Bora ou Mourente, a gusto do consumidor.

VER EN WIKILOC

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s