Xoves 19 de xullo. Rodeo monte Arcela e Rural de Galicia. .49 kms.

VER RUTA EN WIKILOC

Realizamos esta vez unha ruta que probablemente poida ser considerada a que mellores e continuas vistas panorámicas ofrece da cidade e ria de Pontevedra.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


A idea original pasaba por chegar ó monte Coirego, nas inmediacións da Corredoira, pero decidimos ir todo por pistas e o tempo botousenos enriba e tivemos que renunciar á cima, eso sí o día dou moito de sí.

Para empezar, pistas interiores de Mourente e unha vez en PonteBora iniciamos ó ascenso coñecido ó monte da Soldada, o ritmo bastante vivo, as xestas e silvas ameazan con cortarnos o paso, pero non imos permitir que se peche esta vía de ascenso a Vilanova.

Dende aquí, o ascenso ó monte Castelo dende os Palleiros, para tomar a amplia pista que deixa ó fondo no horizonte a cidade e ría de Pontevedra, á esquerda vista de paxaro sobre o val do Lérez, Tenorio e Viascón en plenitude.

Cruzamos a estrada de Carballedo a Cuspedriños e iniciamos o ascenso do Monte Arcela, un inoportuno pinchazo fainos caer na conta de que imos con moito retraso para ascender o Coirego e chegar á casa a hora prudencial, así que xiramos ao redor do Arcela para volver saír á pista forestal de ascenso.

Agora chegou o mellor do día, subimos hacia a Chan da Batalla, ó pe do Monte Castelo e iniciamos un longo e divertido descenso ata a Xesteira, co telón de fondo dunha despexada maña que nos permite contemplar a beleza da ría de Pontevedra que se nos vai acercando.

Non nos cansamos de baixar ata dar mesmo na ponte do Almofrei, recorrendo en sentido inverso parte do sendeiro de longo recorrido Rural de Galicia, que vai dende Vigo a Santiago.

O ascenso ata Mirón entre silvas, toxos e fentos nun centenar de metros que fan case imposible completar a misión. Dende Vilarchán baixamos pola estrada para non chegar moi tarde ós nosos lares.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s