13 de julio de 2012. Ruta dos tres Xeves. 30 kms.

Saíu un día de chuvia, este verán está a resultar moi morriñento, aínda así decidimos sair a dar unha volta para despexar de tanto recorte e “matar o vermiño”, que estrana soa a traducción do dito castelan…

Pois ben a pesares da continua choiva achegámonos a Bora acompañando o curso final do Rio Lérez,  pola coñecida senda, hoxe deserta. Na última parte coñemos a variante que nos leva á estrada xeral un pouco máis arriba de PonteBora, para pasar por un camiño a carón do aserradeiro de pedra, para ir despois facer unha visitaó entorno da ponte antiga de Bora, sobre o río Almofrei, na súa desembocadura, onde se fixo unha actuación de limpeza en profundidade.

 

O entorno dispón dun peto de ánimas e dunha ponte, asimesmo restaurouse con acerto unha vella casa. Hoxe tomamos prestado videos e fotos porque non estaba cousa de mollá-lo movil. Neste lugar tivo lugar un enfrentamento nas guerras napoleónicas.

Continuamos por unha senda de pescadores nada máis pasar a ponte do Lérez, aledaña á anterior. O fin atopamos un camiño de ascenso que nos leva a Filgueira en Xeve, e dende alí ata a Igrexa de San Andrés, onde paramos no palco de formigón para resgardarnos da choiva. No día de hoxe contemplamos varios destes palcos, feitos nas últimas décadas pero que xa quedaron obsoletos cos novos camións-esceario das orquestas. Constitúen un elemento máis do feísmo que por veces denunciamos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Continuamos despois hacia Maúnzo e Fontáns, para baixar despois ata Santa María de Xeve, que hoxe pasamos de largo a súa igrexa, e sede antiga do concello, así como o seu monumental palco ” de formigón”.

En Bordel cruzamos hacia o terceiro Xeve, a parroquia de Verducido, onde pasamos a carón da igrexa, do palco, bastante destartalado, e da “botica”. Seguimos o ascenso hacia o campo de futbol para facer un coñecido descenso hacia Lerez, para rematar o día cruzando a nova ponte e dando unha volta á pista de cross do Mirador de Monteporreiro.

VER EN WIKILOC

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s