15 de marzo de 2012. Por pistas de Cotobade. 49 kms.

Queridos seguidores:

O recibo da presente espero que se atopen ben de saúde. Nos grazas a Deus seguimos en perfecto estado a pesares dos perigos da última ruta.

Recuperamos pistas forestais básicas e clásicas, das que nos gustan a nós. Partimos pola zona de Mourente, a cumplimos o requisito de atopar novos camiños sen trillar. Trátase dun par de trialeiras-carreiros que descenden ata o sendeiro do Lérez, recentemente limpiadas. Cortiñas e fáciles, pero bastante divertidas. Ven raro é que estando mesmo a carón de Pontevedra aínda non foran catadas.

A primeira dificultade iniciase en Tenorio, subindo ata Vilanova, por unha estradiña local sen tráfico, pero con bastante pendente. Xa no altiño, son atacado por tres cans que non consiguen morderme por ben pouco,  non foron quen de atravesar a licra nin o triceps sural, de tan macizo que está non deron trabado,  mentras o dono “pasa de todo”. Mesmo tiven que meterlle os cans no eirado para que nos deixaran en paz.

Seguimos ata Rascadería por camiños coñecidos e iniciamos o ascenso á serra que nos levará ata Paraños en Carballedo, visitando a ilustre Cacheira-Cachucha, contemplando a paisaxe de Cotobade nunha prácida ruta.

A terceira dificultade do día non era outra que ascender desde Rebordelo ata o altiño dos montes de Famelga,  dende alí foi todo baixar por pistas forestais coñecidas ata Vilarchán, rodar e rodar..como me dixo o arrieiro, non hai que chegar primeiro, pero hai que saber chegar, pinchado, con outro pedal roto, e ollo ó dato, sabede que por fin atopei o que ruxía na miña bici… Cadro partido pola diagonal, (prometo fotos).  Supoño que algo terá que ver a caída do día de San Fermín,  pois o racho parte da aboladura resultante tan fatídico día.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

WIKILOC                            MAPA RESUME

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s