7 de marzo de 2012. Ascensión ó monte Monzón. 53 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Dirección sureste, que xa tocaba, así que, para variar, arrancamos por Marcón rodeando Monte Carrasco  para aparecer en Tomeza. Dende aquí combinamos camiño de Santiago con estrada local ata chegar a Figueirido, nada comento por ser unha ruta moi trillada. Tras un pequeno rampón-aperitivo, acadamos a divisoria entre Canicouva e Cacheiro, e decidimos afastarnos por hoxe do Camiño Xacobeo, para deixar demostrado que nun mundo tridimensional a liña recta non é sempre o camiño máis corto entre dous puntos. Digo esto porque trazando unha linea imaxinaria , sería doado ir de oca a oca, ou máis ven de ponte a ponte entre  Figueirido e Monte Monzón, pasando sucesivamente por Vilar, o Rañadoiro, Acevedo, A Comboa…percorrendo así todalas aldeas da parroquia de Pontesampaio.

Pero a realidade non se pon de acordo co Sigpac, e ainda que aparecen unhas lineas discontinuas no mapa, de momento na cartografía non aparecen silvas nin toxos, nin paus tronzados atravesando o camiño… Eso sí, neste día voltamos á vella costume da exploración que tantos sinsabores e algúnhas alegrías nos da. Por exemplo, os fantásticos camiños enlousados entre aldeas, os regatos pequenos, e as vistas dos ollos no fermoso horizonte da ría de Vigo.

Polo demáis día de cans, prendidos uns,  soltos outros,  por veces perigosos. Nestas aldeas non hai casa que se precie que non teña dous ou tres cadelos, algúns mesmo que parecen ter a rabia.

No cruceiro de Vilar, finalmente engañámonos e baixamos case mesmo a PonteSampaio, atraidos polas corredoiras tradicionais; como penitencia tivemos que voltar a gañar altura ata o Rañadoiro. A partires daquí, descenso tolo ata a Comboa, onde repostamos para iniciar a dura subida á galla do Monzón.

Acometemos o ascenso en liña prácticamente recta, pasando a carón do Castelo, con pendientes do 20% ¿¡¡?,  ou mesmo máis, entre a dor de costas, o pedal roto e o disco rozando non sei como din chegado arriba.  Catro fotos e descenso rápido hacia a zona norte do monte, con xiro hacia o Cabalo e posterior descenso ata as Cortellas, con un rehuse nunha pista que, menos mal, comprobado dende o sofá, non levaba a ningures. Queda para outro día a exploración íntegra da zona.

Para finalizar, retomamos  o camiño de volta en Rial e cada un chegou á casa como puido, amén dunha última aventura polos Gafos, que a miña espalda se negou a rematar, chegando á casa, tarde (coma sempre), mal, pero iso si, non arrasto, hoxe non foi día de triunfos.

VER EN WIKILOC                         VER MAPA RESUMEN

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s