1 de marzo de 2012. Ruta concello de Poio. 39,5 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Estrenamos mes e horario con un percorrido completo polo concello de Poio, onde visitamos prácticamente tódo-los lugares de interese de este municipio.

Iniciamos ruta atravesando a ponte da Barca, onde o vello chiste decía que era a única ponte que tiña “aPoio” por un solo lado.

Quixemos percorrer o pequeno monte da Caeira, así que subimos por BelaVista, onde de dispón dunha ampla panorámica da cidade de Pontevedra. Unha vez no monte pasamos a carón das antenas de TV e evitando descender facemos un pequeno bucle onde se atopan unhas boas trialeras que collemos ó revés, ata dar de novo na pista, o caso era non descender hacia Campañó, hoxe queriamos ir hacia Poio.

Por unha zona recen incendiada, baixamos hacia o mosteiro, onde paramos a contemplar o seu enorme horreo,  para continuar camiño pola coñecida ruta de Zapata e Ucha, para coller un desvio á dereita que nos leva directamente a o Pereiro.  Baixamos un pouco ata o Rial para collelo desvío que nos leva á capela da Renda. Dende alí iniciamos unha dura subida por unha pista de formigón que pasa entre bonitas casas. Como pista hai que decir que están pintadas flechas amarillas.

De repente chega unha infernal subida con desniveles do 25 %, aproximadamente un quilómetro de asfalto, durísimo no que hai que facer equilibrios para non caer para atrás, ata chegar ó campo de futbol.

Iniciamos a continuación a ruta dos miradores de Poio, o de Loureiro, o de Campanario e o da Tartaruga, que rivaliza en capricho natural coa cachucha de Tenorio.  O día non está moi luminoso e os eucaliptos tapan algo as vistas, pero a paisaxe é espectacular.

Seguimos bordeando as faldas da serra, evitando descender moito, pasamos un par de regatos ata chegar ós muiños de Samieira, onde hai unha ruta de sendeirismo.

Para voltar hacia Combarro, optamos por unha pista asfaltada intermedia,ainda que ven se podería ir pola estrada nacional, ou mellor ainda, seguir dende o campo de futbol de Samieira, por unha pista paralela que chega mesmo ata o campo de futbol do Combarro, baixando despois a rampa do 25%.

Unha vez chegados a Combarro rodamos polas súas estreitas rúas admirando cruceiros, casas e horreos a carón do mar. Un pequeno tramo de nacional sérvenos para ir á zona deportiva, recreativa da Seca, onde facemos a última parte doutra ruta da freixa, xa se sabe que esto dos muiños liga moi ben co sendeirismo. Subimos a pen unhas decenas de metros para chegar a Campelo, onde collemos un desvío por unhas leiras que nos leva mesmo ata San Salvador de Poio.

Un último destino para hoxe foi a Casa natal de Cristobal Colón, en Portosanto, mesmo ó lado do ramal de acceso á autoestrada. Trátase dunha pequena casiña de pedra á que se adosou a modo de museo un mamotreto de cristal que supera con creces a pequena construcción onde supostamente naceu o descubridor, segundo teorías que agora non imos expoñer.

Como truco final, pasamos por debaixo dun dos arcos da ponte da Barca, aparecendo directamente no parking de Carrefour.

En resumen, unha ruta completa por un fermoso concello, con montaña e mar, únicamente quedou sen ver a zona de Lourido, poderíase modificar lixeiramente para facer algo menos de asfalto, pero en xeral resume perfectamente arte e natureza de Poio. O concelleiro de turismo pode estar contento con nós, menuda promoción lle fixemos.

VER EN WIKILOC                              VER MAPA RESUMEN

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s