24 de febreiro de 2012. Ruta do Pe da Múa. 47 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Abrimos  hoxe unha ruta para chegar a Famelga, con unha interesante variante á tradicional, esta vez subimos por pistas desde Vilarchán, e ascendemos polo merendeiro do Pé da Múa ata a base do mirador da Castrelada. Unha vez alí declinamos subir á caseta, xa a visitamos noutras ocasións. Simplemente collemos uns divertidos camiños semiagochados que van serpenteando polo alto da serra, a parte final está un pouco rota, pero os camiños están desbrozados, ainda así non pinchamos co toxo seco. Chegamos ó lugar de Campodanta, mesmo a carón dun pequeño pazo, despois de atravesar lonxitudinalmente toda a serra de oeste a este.

A un quilómetro escaso está Famelga, coas súas hermosas casas de pedra, e o entorno da carballeira, capela, peto de ánimas e fonte. Despois seguimos pola ruta coñecida, nun longo descenso ata ponte Borela,

Para rematar o día, tiñalle gañas a un camiño que dende Vilanova baixa a Tenorio, o problema e que o collemos mal xa de inicio, fixemos un pequeño bucle para chegar ó mesmo sitio, atravesamos unha leira para chegar ó camiño correcto, pero seguimos en dirección contraria, volvemos facer outro bucle un pouco máis grande e cando parecía que iamos descendendo correctamente, descubrimos con desagrado que o camiño remataba. Foi entón cando nos salvou o GPS, que nos puxo na pista correcta para chegar finalmente a Tenorio, eso sí con un importante retraso sobre o horario previsto.

Podedes comprobar todo esto na ruta colgada en Wikiloc.

Por certo, a partires da semana que ven ímos recuperar as 9:30 coma hora de saída, porque a pesares de ir contra-reloxo estamos chegando tarde á casa.

 

VER EN WIKILOC                               VER MAPA RESUMEN

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s