16 de febreiro de 2012. Ruta da pedra e da auga. 45 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Últimamente andamos na teima de facer rutas de sendeirismo en bicicleta, e non sempre resulta fácil. Claro exemplo témolo no día de hoxe, no que nos acercamos á zona da Armenteira para circular pola marabillosa senda da pedra e da auga.
A xornada resultou dura pois ademáis das ascensións polas dúas bandas á serra do Castrove, houbo que lidar con un descenso complicado pola ruta dos muiños da Armenteira.

Iniciamos o percorrido avanzando ata o Mosteiro de Poio, hoxe a cousa ía de conventos. Dende aquí subimos decididos pola zona de Ucha, ata chegar á caneira, seguindo pola coñecida ruta ata cruzar a estrada cerca de Busto. Dende aquí una divertida baixada ata o Mosteiro de Armenteira. Trátase dun mosteiro cirtenciense do século XII que paga a pena visitar. Máis hoxe tiñamos outro reto, realizar a ruta da pedra e da auga, que comparte moito do seu recurrido coa ruta BTT 2 do Salnés. Para baixar ata Barrantes tomamos a feliz decisión de baixar polo sendeiro, era dificil ás veces porque había escalóns insuperables en bici, e poucos tramos ciclables, pero o lugar é espectacular, tal como atestiguan as fotos. Trátase dun camiño que descende a carón dun río flanqueado por máis de 30 muiños en todo o recorrido.
Altamente recomendable facela andando, pódese encher una tarxeta de memoria de moitos xigas coas fotos do entorno.
A segunda parte do descenso é totalmente ciclable. Antes de chegar á autovía do Salnés, volvemos sobre as nosas rodeiras para visitar a aldea labrega.
Este curioso poboado tradicional con varias figuras de pedra resulta un tanto artificial, fartos como estamos de ver aldeas galegas, cando menos é curioso o traballo desenrolado pola escola de canteiros da Diputación. Do mesmo xeito que o resto da ruta, esta zona está impecable e coidada, vese que non repararon en gastos, mesmo se trata dunha ruta ¡iluminada¡
Para volver a ascender á Armenteira podemos utilizar a primeira mitade do sendeiro, pero despois hai que esquecer ir a carón do río, a ruta BTT vai por unha aldea chamada Silván, pero en vez de xirar á esquerda fixémolo á dereita por un camiño sen saída, houbo que atravesar unhas leiras para chegar á pista que desemboca no subida da estrada xeral, onde alá polo mes de setembro veremos ós ciclistas da Vuelta a España.
Unha vez alcanzada a zona do Busto, iniciamos o descenso hacia Poio, despistándonos un pouco e variando o camiño de volta, non hai mal que por ven non veña, atopamos unha pista que non recordábamos haber pisado nunca. Baixamos directamente por o Pereiro e seguimos por estrada ata a casa.

VER EN WIKILOC                                          VER MAPA RESUMEN

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s