2 de febreiro de 2012. Laxoso. 40,5 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VER EN WIKILOC      VER MAPA RESUMEN

Estivemos tentados a bautizar a ruta de hoxe coma “Ruta Siberiana”, por causa do día soleado, pero frío e con vento de norte que curtía a pel. Pero non sería xusto darlle nome ó itinerario centrándonos nunha data concreta, pois probablemente volveremos por estes lares en días máis calurosos.

Para amantes do mtb puro hai que advertir antes de nada que a verdadeira ruta comenza en Pontecaldelas e remata no lugar da Fraga,  achegarnos e volver a vila do Verduxo pola transitada comarcal non foi máis ca unha condición imposta pola falla de tempo, como xa estamos acostumados últimamente. Deste xeito ampliámo-lo noso radio de acción e podemos de disfrutar de lugares tan xeitosos coma o de hoxe.

Unha vez chegados á rotonda de Cuñas, que é a porta de entrada en Pontecaldelas, ascendemos con forte vento racheado en contra, pasando a carón do cemiterio e de igrexa de Santa Eulalia. Despois ascendemos ata as praderías onde pace un gando vacún de pura raza galega.

Directamente imos por pistas ata chegar ó lugar de Laxoso. Este femoso pobo divídese en dúas aldeas, denominadas Laxoso de Arriba e Laxoso de Abaixo. Non é moi original pero é suficientemente descriptivo. Destacan nestos paraxes uns prados cuidados, uns impresionantes cercados de pedra, que seguramente teñan máis valor ca o das diminutas parcelas que acollen. Minifundismo na súa máxima expresión. Aproveitamos a capela de San Xosé para protegernos da nortada e repostar.

Circulamos por unha boa parte dunha ruta de sendeirismo chamada “Das almiñas”, que ven dende Caritel, no outro lado do río, e discorre entre carballeiras con camiños totalmente tradicionais e empedrados. Exceptuando un centenar de metros con auga, o resto é altamente recomendable, hai que ter moito ollo porque as follas secas dos carballos tapizan as corredoiras e agochan as pedras que hai debaixo, xa desgastadas polo paso de antiguos carros do país.

Cruzamos o regato das Cubeliñas por “pasos” ou “poldras”, versión en miniatura dos que atoparíamos uns metros máis adiante para cruzar o Verduxo. Referímonos ós pasos da Fraga, un entorno natural privilexiado, onde destacan un peto de ánimas e un muiño que xa visitáramos fai uns anos.

Cometemos a ousadía de intentar chegar á praia fluvial de Pontecaldelas indo á carón da marxe dereita do río, pero uns centenares de metros máis abaixo tivemos que volver sobre os nosos pasos, porque cargados coas bicis ó lombo, e mesmo sin elas a tarefa parecía moi dificultosa. Como non tiñamos barca cruzamos polas poldras e saímos na Fraga de Abaixo, (tamén hai Fraga de Arriba).

A partir de aquí volvemos a Pontevedra por onde viñeramos, nunha fría mañá.

Anuncios

Un comentario en “2 de febreiro de 2012. Laxoso. 40,5 kms.

  1. Fermosas fotos, eu sempre levo a cámara, vamos, o móbil con cámara e case que nunca tiro del, alguna foto pero case sempre de nós, nada de paisaxes, e hainos ben fermosos pola bisbarra de Pontevedra.

    Un saúdo e parabéns pola entrada.
    david

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s