24 de noviembre de 2011. Rumbo ó norte. A azucareira de Portas. Ruta Domingo Fontán. 49 kms.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Esta ruta é unha boa alternativa ó camiño de Santiago. Descorre de sur a norte por unha franxa entre aquel e a autoestrada do atlántico, seguindo asimesmo os pasos da vía férrea.
Tratase dunha ruta bastante sinxela, salvo pola súa lonxitude, pero non hai alturas nin desniveles fuertes.
Saimos polo centro de Pontevedra, seguindo o coñecido camiño de Santiago, pero ó chegar a San Amaro, xiramos á esquerda ata chegar á autoestrada e aproveitamos para ir pola vía de servicio do lado dereito da mesma. Prácticamente circulamos a escasos metros da vía. Cuidado cunha casa con estrela de David, hai está marcado como propiedade privada e hai uns enormes cans, mellor coller un desvío e librar de problemas.

Deixamos atras o concello de Barro e entramos en Portas. Por unha estrada local exenta de tráfico chegamos a Porta do Conde. Esta aldea ten a particularidade de ser cuna do ilustrado Domingo Fontán Rodríguez (Portadeconde, Portas, 7 de abril de 1788 – Cuntis, 24 de octubre de 1866), ilustrado galego, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. ( Viña a ser o Google Earth da época), pola parte que nos toca rendímoslle cumprido homenaxe, como tamén fan así na súa vila natal, onde abonda profusamente o sen nome: plaza, campo de futbol, casa natal, monumento, centro de ensino, etc…Noutra ocasión visitaremos a casa natal e o monumento, porque pasamos de largo.

Xa na estrada Caldas Vilagarcía eríxese a impoñente silueta da cheminea da vella azucareira, en fase de restauración, trátase dun enorme edificio que está sendo remodelado para acoller outros menesteres, hai un centro de día de persoas maiores, nun entorno moi ben arranxado. Non poidemos subir á torre, que dispon dunha escada de caracol polo seu exterior, e un ascensor por dentro. Parece ser que hai que pedir chave e vez no concello. Esta fábrica foi construida para procesar remolacha e poder sustituir a caña de azucar unha vez perdidas as posesións de ultramar. Solo funcionou entre 1899 e 1904.
Para voltar a Pontevedra, variamos algunhas partes do recorrido, como podedes ver no track. (Anque non debimos meternos na estrada de Vilagarcía).

VER EN WIKILOC       VER MAPA RESUMEN

Anuncios

3 comentarios en “24 de noviembre de 2011. Rumbo ó norte. A azucareira de Portas. Ruta Domingo Fontán. 49 kms.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s