18 de agosto de 2011. Por terras de Soutomaior, 50 kms.

Ruta de exploración por zonas inéditas do Concello de Soutomaior, mayoritariamente por pistas veciñais, seguindo o curso do Río Oitavén, dende a súa desembocadura ata o lugar de Aranza.

VER EN WIKILOC

Iniciamo-la ruta pola senda do Río Gafos, que está moi transitable é limpa. Unha vez avanzamos hacia Figueirido, collémolo Camiño de Santiago en sentido inverso, ata Pontesampaio. Por esta época hai que ir con cuidado porque está ateigado de peregrinos camiñantes. Unha vez pasada a Ponte, antes de entrar en Arcade collemos unha rúa á dereita coa intención de ir ó mais posible a carón do río. Despois de parar nunha fonte, porque a calor xa apretaba, seguimos ata o campo de Futbol do Arcade, e dende alí collemola estrada xeral a Pontecaldelas, para ir hacia Aranza. ( A idea principal era chegar ata o embalse das Eiras, pero coma sempre imos escasos de forzas, tempo e motivación, así que dimos volta para seguir explorando pistas por Soutomaior, outra vez a carón do río. Hay bastantes boas vista do curso baixo do Oitavén. Mesmo nos achegamos á ponte colgante que hai onde os ríos Verduxo e Oitavén xuntan as súas augas. Está bastante deteriorada, é similar á que hai en Tenorio.

Para evitar a estrada xeral subimos pola pista da Canicouva, onde collemos auga fresca da fonte, e voltamos pola estrada interior de Tomeza. Despois subimos ata a Hermida para poñerlle un engadido de dificultade á ruta.

En definitiva, un día bastante cómodo a ritmo tranquilo, que xa facía falta despois das duras últimas etapas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s