27 de julio de 2011, Bora, Tenorio e Viascón. 38 kms.

VER RUTA EN WIKILOC

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ruta de exploración cerca de Pontevedra, polas parroquias de Bora, Tenorio e Viascón, recorrendo o monte da Soldada ata acadar os 280 metros de altitude. Nesta época hai moitos toxos e silvas, camiños cegados pola maleza, polo que houbo que recuar en doas ou tres ocasións. A zona de Parada en Tenorio, da máis de si, pero hai que ir outro día ce esperar se alguén limpia os camiños
Empezamos a ruta por Mourente, pola zona dos Areais, alcanzando a nacional a Ourense á altura da Condesa. Despois baixamos a PonteBora para iniciar un sufrido ascenso ó monte da Soldada, mesmo con algunha rampa de poñer pé a terra, alcanzando por fin ó punto máis alto, nun coto chamado  Outeiro da Bandeira, máis non vimos ningunha .  Hai vistas fermosas dos vales do Lérez e do Almofrei, así coma da ría de Pontevedra. O fresquiño que ía arriba compensou a calor que pasamos subindo.

Baixamos despois raudos hacia Tenorio, por unha pista rápida e algo perigosa, para sacia-la sede na fonte que hai a carón da gasolineira.

Despois de algunha indecisión, pasamos a carón do instituto de Cotobade e collemos un camiño que nos levou a Lérez, que ademais dunha parroquia de Pontevedra, é un lugar de Tenorio cheo de casiñas ben restauradas. Dende alí baixamos cara o río, complicándose un pouco a ruta por mor da maleza que hai nos camiños. Cruzamos o rego da Troita e o Río Cabanelas,  mesmo onde desembocan no Lérez, levan tan pouquiña auga que nin nos mollamos.

Dende aquí a cousa revirouse un pouco, e non sen dificultade chegamos a Parada, despois de renunciar a un camiño que nos levaba mais a carón do río e que coñecía de fai anos.

Para ampliar un pouco a ruta subimos a Viascon por pista forestal e despois de pasar polo conxunto parroquial baixamos por pistas de concentración parcelaria ata un lugar chamado A Rocha, onde contemplamos unha escea típica de documental. Un ave rapaz atrapou unha serpe grande a escasos cinco metros de nos, pero ó vernos tentou fuxir pero finalmente caeulle a presa e o reptil salvou a vida gracias á nosa presencia que asustou ó gavilán, azor ou o que fora,que non son entendido en aves. ( E menos aínda en reptís).

Seguimos camiño ata o campo de Futbol, perdemos o tempo tentando uns camiños que levaban a unha trampa de toxos, silvas e xestas, así que baixamos pola pista ata o Mosteiro, e de alí ó sendeiro de Bora e día rematado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s