7 de xullo de 2011. Carballedo. 43 kms.

VER RUTA EN WIKILOC

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O grande autor Fernando Fernán Gómez plasmou no título dunha obra de teatro aquilo de “as bicicletas son para o verán”. Certo parece, mesmo se temos un vran con días coma hoxe, con ceos cubertos e fresco. Hoxe fixemos unha nova ruta bastante “chula”, e moi asequible. Todo perfecto se non fose por unha caída da que despois falaréi.

Saímos por Mourente, probando unha pista interior asfaltada paralela a nacional de Ourense, para non abusar da Senda do Lérez, que xa a temos moi vista. O chegar á ITV, xiro á dereita e xa no Couto, rampón duro e inicio de pista forestal e camiños ata Vilanova, nunha continua subida. Máis arriba, ó camiño cégase de toxos, así que non quedou outra ir polo mirador da Soldada, e aproveitamos para beber na fonte. Seguimos despois polo interior de Vilanova, e antes de chegar á Xesteira, atopamos un desvío por camiños interiores moi axeitados.

En PonteBorela, metémonos paralelos ó río, chegando a Pazos e ó Pozo Negro, coa súa praia fluvial. Despois,por pistas de Concentración Parcelaria chegamos a Carballedo, no lugar de Chan hai outra praia fluvial, máis pequena, cunha senda é uns muiños.

Continuamos ascendendo ó Monte do Castro, no lugar da Igrexa. Alí hai un muiño de vento a medio restaurar e unhas excavacións arqueolóxicas. Cando abandonábamos o lugar topas unha becerriña mansa de escasos días, que parecía perdida da súa nai. Por un camiño cheo de xesta e pedras atravesadas (de varias toneladas cada unha), chegamos á Igrexa, que ten ó seu carón un destacado cruceiro.

Continuamos por Paraños, e subimos á Chan da Batalla. No monte Castelo, preto de Viascón localizamos a Cachucha ou Cacheira. Despois baixamos por un pista perigosa ata Palleiros, e dende alí, empatamos coa Estrada Carballedo-Pontebora.

Ó pouco de iniciar o descenso, non sei como foi, pero enganchémonos e rematamos os tres no asfalto, bastante “perxudicados”. Sumamos un total de 5 puntos de sutura e moitos raspóns e cortes, unha roda doblada e un casco rachado. Para iso está. Tantos anos e tantas rutas e algún día ten que tocar.

Así que nada, hasta a casa e ó Centro Médico, sen máis novidade. Un mal fin para un bo día de bicicleta.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s