29 de xuño de 2011. Sanxenxo. 51 kms

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Hoxe foi un día un pouco atravesado, non houbo averías nin pinchazos, pero fallou a habitual perspicacia e “gps mental”. Tivemos varias dúbidas na ruta. Paso a comentar:

Saímos polo centro de Pontevedra, ponte da Barca, ata aquí todo ben. Subimos por Poio de Arriba, para evitar a transitada C-550, aquí xa nos metemos nunha pista que non levaba a ningures (erro 1), despois de retomar a ruta correcta, volvemos trabucarnos, e por non subir un pouquiño, vovemos a dar na C-550 (erro 2). Seguimos e aproveitamos un desvío á dereita por Albar e Liñares e seguimos ata o Mosteiro de Poio.

En Arís, collemos unha estrada á esquerda. pero en Ucha, volvemos a equivocarnos ( erro 3) e subimos unha dura rampa que despois tivemos que baixar. Dende ahi seguimos por A banda do Río, Esperón e Pereiro, con algunha que outra dúbida. Aquí acertamos a subir monte arriba ata o Busto, onde paramos a avituallar, no campo de Futbol.

A percura dunha pista inexistente, baixamos á estrada que ven de Samieira (erro4), así que volvemos subir ó Busto e tentamos por outra pista ata que chegamos a un camiño sen saída ( erro 5 ). Non houbo máis remedio que volver para atras e meterse na estrada de Samieira, estaba de ser. Unha vez na rotonda, fomos pola estrada que vai a Meaño, ata as adegas que hai no Outeiro da Forca.

Dende alí fomos ben por camiños e pistas ata Padriñán, xa porriba de Sanxenxo.

Despois collemos unha estrada interior por Bordons, A Lamela, Recarei, Barreiro, e Dorrón. Alí separámonos por un malentendido, (erro6), eu fun sólo pola costa, e os Pepe e Pofi foron bordeando pola ladeira do Castrove, ata Samieira.

Cheguei a casa ás 14:10, máis de 5 horas con perto  de 65 kilómetros no lombo .

Esta ruta hai que matizala, sobre todo na zona do Busto-Armenteira, e nos inicios por Poio. Polo demáis, indo a tiro fixo, anque é longa, podese facer en moito menos tempo.

Non publico o perfil en Wikiloc ata que se faga ben.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s